O Premio “José Luis Muruzábal” a PROXECTOS INNOVADORES NO ÁMBITO DA SAÚDE MENTAL está dotado con 2.000€ e promovido polo Consorcio As Mariñas e nace, no 2014, da vontade dos concellos que integran o Consorcio de rendir homenaxe a quen foi o gran impulsor da mellora na calidade de vida das persoas enfermas mentais en Galicia.
BASES VII PREMIO MURUZABAL
Poderán presentarse proxectos que aporten experiencias innovadoras no ámbito sociolaboral e/ou socioeducativo en persoas con enfermidade mental das que se poidan expoñer os seus resultados, polo seu desenvolvemento, a lo menos durante un ano nos últimos tres anos.
Poderán optar ao premio tódolos profesionais do ámbito da psquiatría, psicoloxía, mediciña ou ciencias sociais, tanto de xeito individual como colectivo, así como entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que desenvolvan, no seu ámbito de traballo, programas relacionados co obxecto desta convocatoria. Farase constar, de xeito claro, a titularidade do proxecto e a/as entidade/s que o desenvolven así como as datas de execución do proxecto.
Os traballos serán orixinais. O xurado terá en conta na súa valoración, os seguintes aspectos:
• A innovación que aporte o proxecto no ámbito da saúde mental.
• A aplicación práctica do proxecto, e a súa trasposición a outras entidades ou institucións que traballen no ámbito da saúde mental.
• O alcance dos efectos e dos beneficios no entorno, do proxecto presentado. • Acreditación da realización, durante a lo menos un ano nos últimos tres, do proxecto presentado.
• A claridade na redacción do proxecto presentado.
O documento no que se presente o traballo poderá estar redactado en galego ou en castelán e non debe de superar as 40 páxinas. Utilizarase o corpo de letra Tahoma 12, con interlineado 1,5 e cuha marxe de 2,5 cm por cada lado.
Deberá ir acompañado dunha breve presentación, en formato Power Point ou similar, cun máximo de dez diapositivas, no que se faga unha síntese do proxecto que se presenta.
O proxecto terá, como contidos mínimos, os seguintes:
• Recensión inicial do contido do proxecto.
• Obxectivos, poboación destinataria e/ou obxecto de investigación.
• Metodoloxía.
• Temporalización.
• Resultados.
• Aplicacións do proxecto.
O prazo de presentación dos traballos comenzará da data de aprobación por Resolución da Presidencia das presentes Bases e rematará o 16/09/2022.
O Consorcio As Mariñas nomeará un xurado presidido polo Presidente do Consorcio e integrado, en número impar, por persoal técnico. A parte técnica do xurado estará integrado por distintos perfis profesionais, buscando a maior interdisciplinariedade posible, propoñéndose a presenza das seguintes disciplinas: 1 psicologo/a, 1 traballador/a social, 1 educador/a social, 1 pedagogo/a ou psicopedago/a, 1 médico/a, 1 enfermeiro/a e 1 técnico/a de integración social, deste xeito se lle daría un carácter multidisciplinar. Estes profesionais poderían ser sustituidos por outros de disciplinas relacionadas coa convocatoria. O xurado técnico, cun número impar, propoñería o proxecto premiado ao seu presidente, o presidente do Consorcio, quen o ratificaría.
O xurado fará pública a súa decisión no mes de outubro de 2022 e fará entrega do premio nos actos de conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental que organice. Os membros do xurado non poderán optar ao premio.
O premio poderá ser compartido entre varios proxectos, declarado deserto ou concederse accésits.
Os traballos deberán de enviarse á sede do Consorcio As Mariñas no seguinte enderezo: Lugar de Bos. Naves O Carballal, 4. Guísamo 15640 Bergondo. Farase entrega de dúas copias en papel e unha en formato dixital ou dispositivo de almacenamento similar (tipo USB). Toda esta documentación irá nun sobre pechado e aparte constará o nome do autor ou autores, o título do traballo e un teléfono de contacto. Acompañarase o currículum da/s persoa/s autora/s do proxecto e, no caso de pertenza a unha entidade, o nome e currículum da mesma.
Os traballos premiados poderán ser divulgados polo Consorcio As Mariñas que poderá utilizalos sempre que considere oportuno aínda que citando ás/aos autoras/es. Estas/es poderán utilizar o traballo sempre coa obligación de facer constar o premio co que foron galardoados. Os exemplares presentados non se devolverán.
As bases da convocatoria poderán ser consultadas aquí, na web do Consorcio As Mariñas www.consorcioam.org ou ben solicitalas por correo electrónico no seguinte enderezo: info@consorcioam.org