Desde os Servizos Sociais do Concello de Sada advirten que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas de aluguer do Plan Estatal de Vivenda ata o 30 de xullo. As solicitudes pódense poden descargar da web de vivenda ou en papel tamén están dispoñibles nos servizos sociais municipais. Lembramos que Sada se atopa na Zona Territorial 1 polo que a renda mensual de aluguer non pode superar os 400€ con caracter xeral e os 480€ en caso de familias numerosas ou necesidade de vivenda adaptada. O organismo compentente de resolución e onde débense dirixir as solicitudes é o Instituto Galego de Vivenda.
No Boletín Oficial del Estado núm. 61, do 10 de marzo de 2018, publicouse o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021. No artigo 5 do citado real decreto sinálase que corresponde aos órganos competentes das comunidades autónomas a tramitación e resolución dos procedementos de concesión e pagamento das axudas dos distintos programas do Plan, unha vez que se teña recoñecido o dereito das persoas beneficiarias a obtelas dentro das condicións e límites establecidos neste real decreto.
No novo Plan de vivenda mantense, con carácter prioritario, a aposta polo fomento do alugamento e da rehabilitación, xa iniciada polo Plan estatal 2013-2016.
No ámbito do alugamento, ademais do programa xeral de axudas ao alugamento de vivendas, introdúcese un novo programa de axudas á mocidade para o acceso a unha vivenda en alugamento, en prol de facer máis doada a súa emancipación.
En Galicia se establecen medidas e programas para favorecer o acceso á vivenda aos colectivos máis desfavorecidos e ás persoas novas que pretendan acceder a unha vivenda por primeira vez. Con este obxectivo tramítase esta orde, onde se conteñen as bases reguladoras destas dúas liñas de axudas de alugamento citadas e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2018, con carácter plurianual.