O pasado 11 de marzo tivo lugar o acto organizado pola concelleria de Benestar Social e Igualdade para conmemorar o Día internacional da Muller onde participaron o grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guións de violencia de xénero da Deputacion, e proxectouse un vídeo onde participan 60 veciñas de Sada .
A concellería de Benestar deu visibilidade a un video, realizado polo sadense Carlos Babio Nogueira, onde aparecen mais de 60 mulleres de Sada en diferentes roles e accions. “Este traballo trata de dar visibilidade en positivo ás diferentes e multiples facetas das mulleres no noso Concello” sinala Isabel Reimundez, concelleira de Benestar, e para iso “contamos ca colaboracion do Rayo Sadense feminino, do Club Atletismo Sada, IES Isaac Diaz Pardo, Sadanza, Escola de Danza Carmen López, Abanca, Cal Pita, Parga y Asociados ...”
Reimundez lembra que no pasado pleno do mes de febreiro presentouse unha mocion de apoio á Folga do 8M, "que foi aprobada cos votos favorables do goberno e cos votos en contra do Partido Popular, e tal e como anunciabamos na mocion, penduramos unha pancarta na fachada do Concello apoiando ao movemento feminista”.
“Atreveriame a dicir, indica a concelleira de Benestar, que Sada é claramente feminista. A sociedade e tecido asociativo se volca cada vez que hai unha campaña de sensibilización ou participación en materia de igualdade de xénero. E ademais temos algo moi importante, xuventude concienciada, como as alumnas do IES gañadoras de premios de Igualdade a nivel provincial”.