O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá ven conseguir que o transporte metropolitano inclúa unha liña entre Soñeiro e o centro urbano con catro rutas diarias. O Concello lembra tamén que grazas as alegacións ao transporte metropolitano presentadas polo goberno municipal temos dende hai uns meses enlace entre a parada diante do Concello e o Centro de Saúde.
A parroquia de Soñeiro contará con liña directa de autobús ao centro de Sada, con paradas en Espítitu Santo, Coiro, Mandín, Alborelle , O Castro e Samoedo.
Todas as parroquias de Sada estaban conectadas por liña de autobús ao centro de Sada excepto Soñeiro. Esta eiva, que foi demandada históricamente pola veciñanza de Soñeiro, ven de solucionarse coa nova liña que comezará o servizo o vindeiro mércores 2 de novembro cun percorrido circular.
O pasado verán a concelleira de Participación Cidadá, Cooperación, Comunicación, e Mocidade reuníase coa empresa ALSA, adxudicataria do transporte metropolitano na comarca de A Coruña, para trasladar esta situación anómala, e solicitar que se incluise unha liña entre varios lugares de Soñeiro e o centro urbano, tendo en conta ademáis a cercanía a polígonos industriais que ten a parroquia.
Esta solicitude foi estudiada pola empresa adxudicataria, que foi quen propuxo esta liña circular incluíndo novas paradas, e unha vez que trasladou á Xunta de Galicia para a súa aprobación dentro das rutas do transporte metropolitano, comunicación favorable que chegou esta semana e que xa activa a nova liña a comezos do mes de novembro.
Este novo percorrido tendrá inicio e fin en Sada, pasando polo polígono do Espíritu Santo e os núcleos de, Coiro, Mandín, Alborelle, O Castro e Samoedo. A orde das paradas desta nova liña circular será: Sada Alda Hotel, Concello de Sada, avenida de Pose, costa de Ouces, Mesoiro, O Casal, A Fosca, O Mundo, Lubre igrexa, Lubre taberna, Lubre colexio, Armuño, Polígono Industrial Espíritu Santo, Coiro, Mandín, Aldea Alborelle, O Castro, Cruce de Samoedo, Samoedo, Concello de Sada e Hotel Alda Sada. A nova liña D9 disporá de catro servizos de luns a venres laborables en horario de 7:25, 10:35, 14:35 y 18:35 horas.
En canto ao servizo dos que dispoñerá esta liña, respéctanse os los horarios de saída dende Sada que actualmente ten a liña XG881031: Sada Hotel Alda – Armuño para non perxudicar aos usuarios actuáis.
Para a concelleira de Participación Cidadá “é moi importante que se poida dar servizo ás veciñas e veciños desta parroquia que non contaba con transporte directo ate o centro urbano e agradece a disposición mostrada pola empresa adxudicataria para dar saida a esta demanda da veciñanza de Soñeiro”.
Enlaces co Centro de Saúde e as praias de Sada
Desde a concellería de Participación lembrase ademáis que des hai uns meses está a funcionar o enlace en autobús entre a parada diante do Concello, na avenida da Mariña, ate o Centro de Saúde para que as persoas que o desexen poidan subir ate o centro médico.
As frecuencias deste enlace saen desde a parada do Concello ás 8:00, 9:55, 11:55, 13:55, 15:55, 17:55 e 19:55. Mentras que a volta realízase ás 8:05, 9:57, 11:57, 13:57, 15:57, 17:57 e 19:57. Desde o Concello de Sada estase a traballar para que a parada do centro de saúde sexa incluida en mais liñas e polo tanto máis frecuencias.
A concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Mocidade tamén instaurou este verán unha liña de autobús ás praias do municipio con notable éxito de uso. Esta liña partía de Sada pasando por a Praia de Arnela, en Carnoedo, e polas praias de San Pedro e Cirro, ambas en Veigue.