Subvención da Consellería do Mar para a Posta en marcha do centro de formación de Sada

23 / AGO / 2024

Subvención da Consellería do Mar para a Posta en marcha do centro de formación de Sada

A Consellería do Mar concedeu ao Concello de Sada unha axuda ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo aprobada polo GALP 8 Golfo Ártabro Sur ao proxecto “Posta en marcha centro formación de Sada” por un importe de 133.221,00 € (121,00 € na anualidade 2024 e 133.100,00€ na anualidade 2025)

O proxecto consiste na adquisición do equipamento necesario para dotar ás instalacións de todo o necesario para iniciar a programación de actividades formativas dirixidas a un alumnado que queira mellorar a súa cualificación profesional, xa sexan persoas desempregadas ou ocupadas e tamén fomentar e apoiar o emprendemento no municipio, entre outras actividades. O equipamento necesario está formado por moblaxe e equipamento informático, ademais do material necesario para impartir os certificados de profesionalidade SSCS0208. 

Arquivado en