Subvención da Deputación da Coruña para mantemento ou contratación de persoal so servizo de deporte 2024

19 / FEB / 2024
CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FO106: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA O MANTEMENTO OU CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO NOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE DEPORTE EN 2024.

Mediante resolución da Presidencia 743 do 9 de xaneiro de 2024, que foi publicada no BOP do 11 de xaneiro de 2024, concedéronse de forma provisional, as subvencións da convocatoria FO106: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS
A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA FINANCIAR GASTOS DE PERSOAL TÉCNICO NOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE DEPORTE EN 2024.

Con data 12-02-2024 concedeuse pola Excma. Deputación provincial subvención para o  mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2024  por importe de 10.000 €, que se publicou no BOP nº 34 de data 16-02-24

 

Arquivado en