O Concello de Sada aprobou mediante o decreto de Alcaldía núm. 1621/2022, do 21 de outubro de 2022, as bases reguladoras da convocatoria de subvencións municipais dirixida a asociacións sen ánimo de lucro do termo municipal para realizar investimentos culturais no ano 2022.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios da convocatoria de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para “investimentos necesarios para a realización de actividades culturais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
A convocatoria fomentará a labor de asociacións e entidades municipais do sector cultural para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, en relación ao impulso da participación activa da cidadanía na promoción cultural a nivel local. Esta axuda ofrecerá autonomía á poboación para avanzar no concepto de democratización do acceso á cultura.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, comezando a contar no primeiro día hábil seguinte á data na que o Boletín Oficial da Provincia publique o extracto desta convocatoria.
- Apertura prazo de solicitude: 03.11.2022
- Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes
- Peche do prazo de solicitude: 02.12.2022 ás 23:59h
- 02/11/2022 - Extracto del Decreto 1621/2022, de 21 de octubre de 2022, por el que se convocan subvenciones dirigidas a asociaciones culturales sin ánimo de lucro para realizar inversiones culturales durante el año 2022
- 26/10/2022 - BASES POLAS QUE DEBE REXERSE A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDA A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS CULTURAIS PARA O ANO 2022
- Anexo I Memoria de actividades 2022
- Anexo II Declaracións Responsables 2022
- Anexo III Memoria económica
- ANEXO IV Conta xustificativa 2022