SUBVENCIONES ASOCIACIONES CULTURALES DE SADA 2023

24 / NOV / 2023

SUBVENCIONES ASOCIACIONES CULTURALES DE SADA 2023

Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

Convocatoria de subvención dirixida a asociacións culturais sen ánimo de lucro para organizar actividades culturais durante o ano 2023.

Extracto del Decreto de 16 de noviembre de 2023, de la alcaldía por el que se convocan subvenciones destinadas a asociaciones culturales sin ánimo de lucro del Ayuntamiento de Sada para organizar actividades culturales, año 2023

Anexo I Memoria de actividades 2023

Anexo II1 Declaracións Responsables 2023

Anexo III Conta xustificativa 2023

 

O Concello de Sada pretende achegar unha axuda ás entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar co mantemento da actividade das asociacións culturais, fomentar a actividade no eido da cultura e facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos de interese xeral que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación activa da cidadanía, facilita a creación e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito de acceso e de participación cidadá na cultura. 

O período para realizar as actividades subvencionables comprenderá dende o 1 de xaneiro ata o 5 de decembro de 2023.

O Concello subvencionará os proxectos das entidades do sector cultural municipal que persigan algún dos seguintes obxectivos específicos, relacionados co Plan Estratéxico de Subvencións (PES) de Sada:

  • · Organizar actividades para promover e difundir a produción cultural a través de calquera das súas manifestacións, artísticas ou divulgativas.
  • · Por en marcha iniciativas que impliquen a participación da cidadanía no eido da creación cultural ou no coñecemento e goce das manifestacións culturais.
  • · Desenvolver accións que melloren a comunicación entre axentes culturais, así como entre estes e o público en xeral.
  • · Impulsar e/ou conservar as nosas tradicións culturais, a través de disciplinas como a música, a danza, o canto, a memoria colectiva, etc.
  • · Dar resposta ás demandas sociais de eventos e espazos para a convivencia lúdica e a recreación.
  • Os proxectos subvencionables serán os de organización de actividades culturais en xeral, incluíndo propostas formativas ou de divulgación (cursos, charlas, actividades de promoción ou recuperación da memoria histórica, conservación e difusión das tradicións locais); as mostras, certames, exposicións; as actividades de fomento das artes literarias, plásticas, escénicas, audiovisuais ou musicais; a edición de publicacións, os encontros culturais, os eventos de promoción cultural e de conservación e salvagarda do patrimonio cultural material e inmaterial, e todos os que encaixen co concepto de «promoción cultural».

Con cargo a esta convocatoria poderá financiarse ata o 100% do custe total efectivo de cada proxecto presentado, pero ata o límite máximo de 5.000€ de axuda por entidade solicitante.

 

BENEFICIARIAS

Poderán solicitar axudas as asociacións culturais e persoas xurídicas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • a. Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, no momento da solicitude. No caso de que a información que conste neste rexistro non estea actualizada, a entidade solicitante deberá comunicalo e aportar a información necesaria.
  • b. Ter como obxecto social realizar actividades relacionadas directamente cos fins da subvención.
  • c. Ter proxectado ou realizado un programa de actividades de promoción cultural de interese xeral compatible co obxecto desta convocatoria.
  • d. Desenvolver as súas actividades no termo municipal.
  • e. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello de Sada.
  • f. Non incorrer nalgunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • g. Estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello de Sada. Deberán estar tamén ao día nas súas obrigas legais co persoal que lles preste servizos.

 

GASTOS SUBVENCIONABLES

Tan só serán admitidos os gastos realizados e pagados pola entidade beneficiaria entre o 1 de xaneiro e o 5 de decembro de 2023 e que teñan relación cos conceptos presentados no ANEXO I, de descrición do proxecto. Considéranse gastos subvencionables os que de xeito innegable respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten necesarios para a súa organización.

  • · Os bens inventariables non son subvencionables.
  • · Gastos xerais de funcionamento da entidade solicitante, entendendo que son necesarios para a realización das actividades culturais. Inclúense os posibles gastos de persoal, os de subministracións (electricidade, auga, telefonía, acceso a internet), os gastos de limpeza ou os de alugueiro.
  • · Non se inclúen como gastos subvencionables os de tipo financeiro, de asesoría xurídica, gastos notariais ou rexistrais, garantías bancarias. Pola contra si serán admitidos os gastos de seguros de R.C. ou de accidentes, necesarios para a organización de actividades.
  • · Non será considerado gasto subvencionable o importe do IVE nos casos en que a entidade estea obrigada a realizar a declaración do citado imposto. As entidades exentas total ou parcialmente do pago deste imposto acreditarano mediante o certificado da Axencia Tributaria.
  • · Non se admitirán como xustificantes os gastos en bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto considerado lesivo para a saúde.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZOS

As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal (sede.sada.gal), dentro da familia de procedementos de «Subvencións, axudas e premios. Solicitude de subvencións municipais».

Para presentar a solicitude de axuda poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura que admita a sede electrónica do Concello de Sada.

As solicitantes deberán realizar todos os trámites administrativos trala presentación da solicitude tamén de forma electrónica, accedendo á familia de procedementos de «Subvencións, axudas e premios · Achega de documentación complementaria» na sede.sada.gal.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais e abrirase a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña. En caso de que ese día for inhábil, o prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte. O prazo remata o 9 de decembro.

Arquivado en