SUBVENCIONES DEPORTISTAS TEMPORADA 2022-2023

27 / NOV / 2023

SUBVENCIONES DEPORTISTAS TEMPORADA 2022-2023

O obxecto da presente convocatoria é establecer os criterios e o procedemento para a concesión de bolsas a deportistas de nivel do Concello de Sada, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade coa intención de fomentar o deporte de nivel entre os veciños e veciñas do municipio. As axudas son individuais e serán concedidas exclusivamente para o financiamento dos gastos correntes derivados de participar en competicións deportivas oficiais a nivel comunitario, nacional ou internacional cuxas disciplinas estean recoñecidas pola federación galega, nacional ou internacional da disciplina en cuestión e polo Consejo Superior de Deportes. Tempada 2022/2023.

Decreto concesión axudas deportistas ano 2023

27/11/2023 - Extracto del Decreto de alcaldía 2158/2023 de 16 de noviembre por el que se aprueban las bases específicas y convocatoria de bolsas para deportistas del Ayuntamiento de Sada 2023

22/11/2023 - Bases reguladoras de subvencións de bolsas para deportistas do Concello de Sada exercicio 2022-2023 

 

ANEXO I - MODELO DESOLICITUDE

ANEXO II - HISTORIAL DEPORTIVO TEMPADA 22-23. 

ANEXO III - PROXECTO DEPORTIVO TEMPADA 22-23

ANEXO IV - DECLARACIÓN RESPONSABLE 

ANEXO V - FORMULARIO DE XUSTIFICACIÓN 

 

Destinatarios

Poderán participar nesta convocatoria os deportistas do Concello de Sada que reúnan os seguintes requisitos:

  • 1. Ter a idade mínima de dez anos cumpridos no ano da solicitude.
  • 2. Estar empadroado no Concello de Sada cunha antigüidade dende o 1 de xaneiro do ano natural no que se convoca a subvención
  • 3. Estar en posesión de licenza deportiva, vixente no momento da convocatoria e expedida pola federación deportiva correspondente.
  • 4. Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, o ano anterior ao da solicitude, e ter proxección nas previsións de futuro.
  • 5. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións artigo 13. 2 E 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

 

Prazo de solicitude.

O prazo para a presentación de solicitudes será de QUINCE DÍAS naturais dende o día seguinte da publicación da convocatoria das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. IMPORTANTE: REMATA O PRAZO O 12 DE DECEMBRO.

Arquivado en