18 / NOV / 2024
A presente convocatoria ten por obxecto o regulamento de concesión directa de axudas individualizadas para colaborar nos gastos correntes dos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2024- 2025, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos. Dende a Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada preténdese incentivar a continuación de estudos non obrigatorios daquelas persoas que por circunstancias xeográficas, deben desplazarse ao non ter oferta formativa suficiente no termo municipal de Sada. Por outra banda, estas axudas posibilitan que aqueles estudantes, independentemente da súa situación económica, teñan acceso a unha educación de calidade, especialmente no caso que nos ocupa de ensinanzas non obrigatorias, onde os custes asociados son máis elevados. Estas axudas individualizadas non compensan na totalidade os gastos derivados do transporte, pero si incentivan ao alumnado para poder axudar ao esforzo económico que realizan as familias durante o curso escolar.