Por medio do decreto núm. 2125/2023 do 16 de novembro, a Alcaldía do Concello de Sada resolveu aprobar a convocatoria de subvencións municipais dirixida a entidades deportivas para o exercicio 2023.
Subvención municipal dirixida a entidades deportivas para o ano 2023. Aprobación da concesión definitiva e do pago das axudas desta convocatoria
BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES DEPORTIVAS EXERCICIO 2023
ANEXO I - MEMORIA DE ACTIVIDADES
ANEXO II - CERTIFICADO DO ACORDO DE SOLICITUDE DA AXUDA E DECLARACIÓNS RESPONSABLES
ANEXO III - CONTA XUSTIFICATIVA
ANEXO IV - DOCUMENTO ACREDITATIVO DA LIQUIDACIÓN EN CONCEPTO DE AXUDAS DE CUSTO
Extracto del Decreto de 15 de noviembre de 2023 de la alcaldía por el que se convocan subvenciones a entidades deportivas del Ayuntamiento de Sada 2023
O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2023, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 28 de setembro de 2023, e publicadas no BOP nº 193 do día 9 de outubro de 2023.
En canto ás subvencións ás entidades deportivas, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento das citadas actividades federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar, e deporte inclusivo.As subvencións ás entidades deportivas irán destinadas a gasto corrente en actividades deportivas.
Destinaranse 63.500€ ás subvencións para actividades deportivas subvencionables realizadas do 1 de setembro de 2022 ao 1 de setembro de 2023
SOLICITANTES:
Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
- - Estar legalmente constituídas e coa documentación actualizada.
- - Estar inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Sada e coa documentación actualizada.
- - Carecer de fins de lucro.
- - Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do municipio de Sada ou sobre temas de interese para o Concello.
- - Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de subvencións nin dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
- - Estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello, e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. DOCUMENTACIÓN.
As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal (sede.sada.gal), dentro da familia de procedementos de "Subvencións, axudas e premios"
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de dez días hábiles. O prazo remata o 12 de decembro.