A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada na data do 20 de outubro de 2022 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a convocatoria de subvencións municipais destinada a asociacións culturais do termo municipal para organizar actividades culturais no ano 2022,
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais de interese xeral”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
O Concello de Sada pretende así achegar unha axuda ás entidades culturais municipais sen ánimo de lucro para fomentar a actividade no eido da cultura e facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos de interese xeral que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación activa da cidadanía, facilita a creación e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito de acceso e de participación cidadá na cultura.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, comezando a contar no primeiro día hábil seguinte á data na que o Boletín Oficial da Provincia publique o extracto desta convocatoria.
- Apertura prazo de solicitude: 03.11.2022
- Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes
- Peche do prazo de solicitude: 02.12.2022 ás 23:59h
- 02/11/2022 - Extracto del acuerdo de 20 de octubre de 2022 de la Junta de Gobierno Local, por el que se acuerda la convocatoria de subvenciones municipales a entidades sin ánimo de lucro para la organización de actividades culturales de interés general para 2022
- 26/10/2022 BASES POLAS QUE DEBE REXERSE A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, EN RÉXIME DE COMPETENCIA COMPETITIVA PARA O EXERCICIO 2022
- Anexo I Memoria de actividades 2022
- Anexo II Declaracións Responsables 2022
- Anexo III Memoria económica
- ANEXO IV Conta xustificativa 2022