SUBVENCIONES PARA LA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMIENTOS DEPORTIVOS

01 / FEB / 2023

SUBVENCIONES PARA LA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMIENTOS DEPORTIVOS

A Concellaría de Deportes, Cohesión Social e Voluntariado do Concello de Sada ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deporte base e o deporte de competición, de acordo a lexislación de réxime local e deportiva. Constitúe o obxecto das presentes bases é establecer o réxime das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos con cargo ao orzamento do Concello de Sada en réxime de concorrencia competitiva, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do día 1 xullo de 2020.conforme aos orzamentos en vigor do Concello de Sada aprobados en Sesión Ordinaria de Pleno de 07 de Abril de 2022, destinaranse 25.000€ con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

Extracto del acuerdo de 31 de diciembre de 2022 de la Junta de Gobierno Local del Ayuntamiento de Sada por el que se convocan las subvenciones para la adquisición de equipamientos deportivos correspondientes al año 2022

 

Financiamento

A concesión das subvencións, que constitúen o obxecto destas Bases Reguladoras, estará limitada ao crédito máximo dispoñible na aplicación orzamentaria 341.48000 do Orzamento en vigor do Concello de Sada.

 

Convocatoria anual

A Convocatoria establecerá o importe máximo desta liña de financiamento, importe, que poderán ser ampliados no caso de existencia de crédito na aplicación orzamentaria no momento da resolución, ao amparo do disposto na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, sen que esta circunstancia dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

 

Entidades beneficiarias

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias:

Clubs ou entidades deportivas do municipio de Sada inscritos/as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais.

Quedan expresamente excluídos:

Todos aqueles que teñan cantidades pendentes de reintegro procedentes de subvencións anteriores.

As entidades debedoras do Concello de Sada.

As entidades sancionadas en firme por infracción moi grave por órganos de xustiza deportiva.

 

Solicitude e documentación

Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOPC) e, con posterioridade, remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPC do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción en nos perfís telemáticos municipais.

As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse ao Concello de Sada, presentándoas obrigatoriamente de forma TELEMÁTICA e conforme aos modelos ou anexos recollidos nestas Bases, e realizarase exclusivamente a través da sede electrónica www.sada.sede.gal, de acordo co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Conforme a devandito artigo, todos os trámites relativos a este procedemento realizaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Sada,

A presentación da solicitude implicará que se autoriza ao Concello de Sada ao tratamento automatizado de todos os datos contidos nela.

 

Presentación de solicitudes. Prazos e lugar de presentación

A presentación da solicitude implica:

A aceptación incondicional das Bases Reguladores e da Convocatoria.

A aceptación incondicional dos requisitos e deberes que conteñen as Bases e a convocatoria.

Autorización ao órgano que concede para solicitar as certificacións ao Concello de Sada.

Autorización implícita ao Concello de Sada para tratar a información persoal e deportiva nas distintas fases de tramitación.

As solicitudes e todos os trámites relacionados co expediente de subvención presentaranse de forma telemática na sede electrónica do Concello de Sada e os prazos de presentación serán: 10 días naturais desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.

MÁIS INFORMACIÓN NAS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

Arquivado en