SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

29 / XUN / 2022

SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do día 1 xullo de 2020.

BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS EXERCICIO 2022 

ANEXOS PARA CUBRIR DA SOLICITUDE

29/06/2022 - Anuncio no BOP do extracto da Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas a entidades deportivas

 

Nas subvencións ás entidades deportivas, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento das citadas actividades federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar, deporte inclusivo e paliar os efectos do COVID-19 no deporte.

 

SOLICITANTES

Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas e coa documentación actualizada.
  • Estar inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Sada e coa documentación actualizada.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do municipio de Sada ou sobre temas de interese para o Concello.
  • Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de subvencións nin dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello, e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes.

 

CONDICIÓNS E OBRIGAS

  • A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva.
  • As entidades beneficiarias das subvencións quedan obrigadas a facer constar a colaboración e patrocinio prestado polo Concello de Sada en toda a información (impresa, informática e audiovisual) que se faga das actividades ou investimentos subvencionados e na súa páxina web.
  • Con carácter xeral a subvención solicitada nunca superará o 100 % do orzamento estimativo de gastos presentados e posteriormente xustificados.
  • Co fin de garantir un axeitado control da aplicación dos fondos, o pagamento deberá quedar acreditado documentalmente mediante a utilización dalgún dos medios previstos na base 8.4

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • As solicitudes formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos outros rexistros e oficinas aos que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

 

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos outros rexistros e oficinas aos que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de dez días.

 

Arquivado en