15 / ENE / 2025
Por acordo adoptado polo Pleno Corporativo do 24 de xullo de 2024 a Deputación da Coruña aprobou a modificación da súa Ordenanza xeral de subvencións e transferencias, cuxo texto definitivo se publicou no BOP número 185, do 25 de setembro de 2024. Así mesmo, por Resolución de Presidencia do 10 de outubro de 2024 aprobáronse as Bases reguladoras do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025.
A Deputación da Coruña concede provisionalmente as subvencións aos concellos e entidades locais que se relacionan no Anexo , polos importes que se indican, con cargo á partida orzamentaria 0612/3341/46201, sendo o importe total proposto de
739.478,50 €, condicionado á entrada en vigor do orzamento xeral 2025 da Deputación da Coruña.
Beneficiario: CONCELLO DE SADA
NIF: P1507600C
Cod. Exp.:2024000045150
Obxecto: Técnico animación sociocultural
Importe subvención: 10.000,00€