A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada na data do 20 de outubro de 2022 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a convocatoria de subvencións municipais a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais no Concello de Sada para o ano 2022, a
Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para a “Organización de festas patronais parroquiais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
A convocatoria vai dirixida a fomentar a labor de entidades culturais e veciñais para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, en relación ao impulso da participación activa da cidadanía para celebrar e conservar as festas parroquiais de maior tradición e arraigo, xurdidas da iniciativa popular e que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, comezando a contar no primeiro día hábil seguinte á data na que o Boletín Oficial da Provincia publique o extracto desta convocatoria.
- Apertura prazo de solicitude: 03.11.2022
- Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes
- Peche do prazo de solicitude: 02.12.2022 ás 23:59h
- 02/11/2022 - Extracto del acuerdo de 20 de octubre de 2022 de la Junta de Gobierno Local, por el que se convocan subvenciones a entidades organizadoras de fiestas patronales parroquiales en el Ayuntamiento de Sada para el año 2022
- 26/10/2022 - BASES POLAS QUE DEBE REXERSE A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA A PROMOCIÓN DE FESTEXOS PATRONAIS PARROQUIAIS, EN RÉXIME DE COMPETENCIA COMPETITIVA PARA O EXERCICIO 2022
- Anexo I Memoria festas parroquiais 2022
- Anexo II Declaracións Responsables 2022
- Anexo III Memoria económica
- ANEXO IV Conta xustificativa 2022