Subvencións para deportistas do Concello de Sada 2022

17 / FEB / 2023

Subvencións para deportistas do Concello de Sada 2022

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio a os deportistas e contribuír para que acaden os seus obxectivos, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade, estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do día 1 xullo de 2020.

O obxecto da presente convocatoria é establecer os criterios e o procedemento para a concesión de bolsas a deportistas de nivel do Concello de Sada, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade coa intención de fomentar o deporte de nivel entre os veciños e veciñas do municipio e paliar os efectos do COVID-19 no deporte.

As axudas son individuais e serán concedidas exclusivamente para o financiamento dos gastos correntes derivados de participar en competicións deportivas oficiais a nivel comunitario, nacional ou internacional cuxas disciplinas estean recoñecidas pola federación galega, nacional ou internacional da disciplina en cuestión e polo Consejo Superior de Deportes. Tempada 2021/2022, segundo os requisitos establecidos no apartado relativo á xustificación do gasto

IMPORTANTE: O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 25 DE NOVEMBRO.

Arquivado en