O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura, ven de publicar as subvencións para a organización de festexos patronais parroquiais e Organización de actividades culturais de interese xeral.
IMPORTANTE: O prazo de presentación de solicitudes, que deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Sada, será de dez días laborais a partir do seguinte ao de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
ANEXOS PARA IMPRIMIR Y CUBRIR
A presente convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de festexos patronais parroquiais” e “Organización de actividades culturais de interese xeral” en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
FESTEXOS PATRONAIS PARROQUIAIS
O Concello de Sada pretende por medio da presente convocatoria prestar axuda ás entidades culturais e veciñais para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios no tocante ao fomento da participación activa da cidadanía e á celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, xurdidas da iniciativa popular e que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.
O período que se terá en conta para a realización das actividades será o ano 2019, abarcando os meses desde xaneiro a novembro. Subvencionaranse os proxectos presentados polas entidades e organizacións do sector cultural municipal que se relacionen coa organización de actividades festivas para a celebración do “Patrón/Patroa parroquial”.
Por proxectos entendese a organización de festas patronais parroquiais, de arraigo popular e celebración tradicional. Exclusións: quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as actividades que non se encadren dentro do ámbito de actuación do departamento de Cultura ou que a xuízo da Comisión Avaliadora teñan escasa relevancia e/ou carezan de interese xeral.
ACTIVIDADES CULTURAIS
O Concello de Sada pretende por medio da presente convocatoria prestar axuda ás entidades culturais sen ánimo de lucro para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía e democratizar o acceso da sociedade á cultura e o fomento da creación cultural a nivel local.
O período que se terá en conta para a realización das actividades comprenderá os meses desde xaneiro a novembro de 2019. Subvencionaranse os proxectos presentados polas entidades e organizacións do sector cultural municipal que se relacionen coa consecución dalgún dos seguintes obxectivos:
- Organizar actividades de promoción da cultura a través de calquera das súas manifestacións artísticas ou divulgativas.
- Poñer en marcha iniciativas que impliquen a participación da cidadanía na creación cultural ou o coñecemento e goce de manifestacións culturais.
- Desenvolver accións que melloren a comunicación entre axentes culturais, así como entre estes e o público en xeral.
- Impulsar e/ou conservar as nosas tradicións culturais, a través de disciplinas como a música, a danza, o canto, a memoria colectiva, etc.
- Dar resposta ás demandas sociais en relación á creación de eventos e espazos para a convivencia lúdica e a recreación
- Colaborar coa Concellería de Cultura na organización de actividades incluídas na programación anual ou coorganizar eventos e propostas culturais ou festivas.
Por proxectos entendese a organización de actividades culturais, formativas, como poden ser cursos, charlas, actividades de promoción ou recuperación da cultura a historia e as tradicións locais; mostras, certames, exposicións; actividades de fomento das artes literarias, plásticas, escénicas, audiovisuais ou musicais; edición de publicacións, etc.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as actividades que non se encadren dentro do ámbito de actuación do departamento de Cultura ou que a xuízo da Comisión Avaliadora teñan escasa relevancia e/ou carezan de interese xeral.