Resolución pola que se aproba DEFINITIVAMENTE a concesión DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2023 (FOPPSS/2023)
ANUNCIO BOP MARTES, 9 DE MAIO DE 2023
Mediante resolución da Presidencia número 14784 de 13 de abril de 2023, publicada no BOP número 72 do 17 de abril de 2023 procedeuse a conceder, de forma provisional, as subvencións da convocatoria Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2023 (FOPPSS/2023) abrindo un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución provisional no Boletín Oficial da Provincia, para que os solicitantes puidesen comunicar, se é o caso, a desistencia da solicitude, presentar alegacións ou emenda de erros. Transcorrido o devandito prazo de 10 días sen que por parte dos solicitantes se formulase desistencia expresa, a subvención considerarase aceptada tacitamente.
Ningunha das entidades presentou alegacións ou desistencia expresa no devandito prazo.
Vistos o informe do Servizo Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes e o informe do Servizo de Fiscalización,
RESOLVO:
1º. Aprobar definitivamente as achegas do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no 2023 por un importe total de 8.561.165,04 €.
Na táboa seguinte detállanse os módulos e importes da achega provincial concedidos para o Concello de Sada
CONCELLO DE SADA
MÓDULO Módulo subvencionado Achega máxima
- I Persoal administrativo grupo C1 ou C2 - 18.000,00 €
- I Persoal administrativo grupo C1 ou C2 - 18.000,00 €
- II Persoal técnico A2 - 22.000,00 €
- III Persoal técnico A1 - 26.000,00 €
- IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - Horas concedidas 3.700,00 - 105.072,00 €
- TOTAL 189.072,00 €