03 / MAR / 2025
Dentro das actividades do 8M o Centro de Servizos Sociais inicia o Taller de auto-coidado e benestar emocional. Mediante este taller preténdese potenciar o benestar emocional das mulleres mediante a promoción de características positivas e o desenvolvemento das fortalezas persoais, que posibiliten o cambio e florecemento persoal, de maneira que consigan vivir de maneira máis plena e feliz.
Inscrición Taller de autocoidado e benestar emocional. #8M
Mediante unha sesión grupal semanal de dúas horas de duración desde marzo ata xuño tratarase:
- Conceptos básicos: benestar emocional, felicidade, saúde emocional, emoción. Tipos de emocións. Funcións. Emocións positivas e emocións negativas.
- Técnicas para a xestión emocional: manexar as emocións de forma apropiada.
- Xestión de do estrés e da ansiedade.
- Intelixencia emocional; definición e compoñentes.
- Técnicas de relaxación.
- Xestionar o pensamento: Criterios para identificar e cuestionar os pensamentos.
- Estilos de comunicación e asertividad
- Xestión do tempo e planificación de actividades
Potenciar o benestar emocional das mulleres de Sada.
Mércores de 10:00 a 12:00 hs desde o 12 de marzo ao 18 de xuño de 2025
Lugar: Servizos Sociais. C/ Laguna 44 portal Bajo Dcha. Sada
Máis información: Servizos Sociais de Sada. 687 32 56 07