-A 4ª edición do concurso de Tapas de Entroido se celebrará os días 22,23 e 24 de febreiro nos locais de hostelería sadense que ofrecerán as suás propostas ao prezo de 1 euro.
Bases do Entroido de Tapas 2019
Sada, 20 febreiro 2019.
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xunto co sector hosteleiro e a agrupación Eres de Tapas Si... organiza os próximos 22,23 e 24 de febreiro a IV edición do Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería local, a restauración e o turismo no municipio.
Preto de trinta locais de hostelería do municipio prepararon propostas con productos típicos desta época do ano que servirán ao prezo de 1 euro aos seus clientes durante este fin de semana.
Entre as propostas non faltarán tapas de orella, roxóns e lacón con grelos pero tamén novas propostas como gyozas de cocido tradicional con caldiño, canelón de entroido, pincho choqueiro, buñuelo de entroido ou croquetas de grelos. Tampouco faltarán tapas de sobremesa coma filloas de mazá ou recheas de queixo e marmelo.
A concellería de Promoción Económica e Turismo ven de publicar un folleto coas tapas e o horario que as servirá cada establecemento e proponen que os veciños fagan as súas rutas entre as zonas da Praia, Centro, Interior e o Porto.
Os clientes poderán decidir polo premio do público votando no local por cada tapa consumida así como en redes sociais (facebook Eres de tapas Si…) e optar deste xeito a gañar premios gastronómicos nos locais de hostelería de Sada.
O concelleiro de Turismo valorou a implicación da hostelería sadense sinalando que “é unha enorme satisfacción ver a dedicación da hostelería local nesta proposta que xa cumple 4 anos e que convértese nunha das citas imperdibles do Entroido da comarca”