Teatro infantil: Nana para un soldado

24 / ENE / 2025

Teatro infantil: Nana para un soldado

A concellería de Cultura programa o venres 24 de xaneiro ás 18:30 horas na casa da Cultura Pintor Lloréns a obra de teatro infantil "Nana para un Soldado" a cargo de Teatro Ghazafelhos. Espectáculo AGADIC

ENTRADAS Á VENTA O 13 DE XANEIRO A PARTIR DAS 9:30 HORAS

ENTRADAS : 3€

Espectáculo infantil a cargo de Teatro Ghazafelhos

Relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto; o nacemento dun neno.

Ghazafelhos parte de algo tan forte como é unha guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento e a vida,  para facer unha reflexión sobre  o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respetarse.

"A guerra non é un lugar. A  guerra non  chega ou se vai... pero esta aí... habita nos corazóns  atrincheirados e nas mentes con metralla...”

Dous soldados coinciden no fronte. O fronte é a casa  de Aurora que espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados...

Arquivado en