TEATRO SOLIDARIO: MELOCOTÓN EN ALMIBAR

20 / OUT / 2024

TEATRO SOLIDARIO: MELOCOTÓN EN ALMIBAR

A concellería de Cultura programa o domingo 20 de outubro ás 19:00 horas a obra de teatro "Melocotón en Almibar", a cargo de Teatro Artesán, nun pase solidario a prol de Cruz Vermella e Cáritas

ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR AFORO

Actuación benéfica a prol de Cruz Vermella e Cáritas. Prégase facer entrega de alimentos non perecedoiros na entrada do espectáculo. Entrada libre ata completar aforo

O grupo teatral sadense "Teatro Artesán" porá en escena a obra "Melocotón en Almibar" de Miguel Mihura, que foi estreada o 20 de novembro de 1958, no teatro Infanta Isabel, de Madrid.

Esta obra narra a historia de cinco atracadores, que tras desvalixar unha xoiaría en Burgos, refúxianse nun piso alugado. Cosme, un deles, presenta síntomas de arrefriado, o que logo resulta unha pulmonía, escondendo entón as xoias nunha maceta, á vez que piden á dona do piso que avise ao hospital.Ante a falta de enfermeiras, envían a unha monxa, sor María, para que atenda ao enfermo, e a cal empeza a facerlle preguntas de difícil resposta aos atracadores...

Con "Melocotón en Almibar",  parodia das novelas policíacas, Mihura consegue unha comedia de suspense, puída e traballada.

 

Arquivado en