A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) está a colaborar coa Fundación Equipo Humano, na execución dun programa denominado Traballos de Inserción de Persoas Desempregadas con base no Acordo Marco P.A. 17/13 de Axencias de Colocación na provincia da Coruña.
Desde maio de 2012, prestan servizos de recolocación e outplacement a empresas e organismos públicos en todo o ámbito estatal. Durante estes anos, máis de 6.500 persoas recibiron asesoramento profesional, en sectores tan diversos como a industria metal mecánica, hostalería, comercio, téxtil, calzado, construción, gran distribución, TIC e servizos, entre outros.
Como axencia de colocación, presta servizos de intermediación laboral de forma completamente gratuíta a aquelas persoas que se rexistran na axencia de colocación. Máis de 1.200 ofertas de traballo anuais e una taxa del inserción laboral do 38,45% son algunhos dos datos que os avalan.
Dirixido a persoas desempregadas do Concello de Sada inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Importante: Non poderán participar na selección os seguintes colectivos:
- Calquera persoa que non teña como mínimo 3 meses en desemprego de maneira formal (necesitamos que o demostre coa tarxeta de desemprego).
- Persoas entre 30 – 54 anos que teñan máis dun ano en desemprego de maneira formal.
Entrevistas de selección: o mércores e xoves, 7 e 8 de novembro de 9:00 h. a 14:00 h.
Lugar: Concello de Sada - Avda. da Mariña 25-3º Planta, na AEDL
Prazo para realizar a inscrición: ata o luns 5 de novembro ás 14:00 h.
Se lle interesa asistir, pode cubrir o seguinte formulario ou chamar á Axencia de emprego e desenvolvemento local ao teléfono 881 92 90 57 / 981 62 04 93