13 / MAI / 2019
A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego o transporte gratuito para a realización do exame de competencias clave que terá lugar en Silleda.
Inscrición en liña para ir en Autobús ao exame de competencias clave
Data: 25 de maio de 2019
Saída: Ás 7:00 h. na parada de autobús do Concello, Avda. da Mariña, 25
Retorno: Ao rematar o exame pola tarde (en torno ás 21:00 h. chegarase a Sada)
Requisitos: Ter a inscrición para ir ao exame, terán preferencias as persoas empadroadas no Concello de Sada.
Selección por rigorosa orde de inscrición
Prazo: ata o mércores 22 de maio ás 14:00 h.
GRATUÍTO