Travesía Unicornio

22 / NOV / 2024

Travesía Unicornio

A concellería de Cultura programa o vernes 22 de novembro ás 18:30 na Casa da Cultura o espectáculo para público infantil acargo de Ghazafelhos: Travesía Unicornio. Co apoio da Rede Cultural

ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR AFORO

 

Travesía unicornio é unha adaptación ao teatro do libro homónimo de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil e publicado por edicións Embora en marzo de 2023.

Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Estes deberán escoitarse, aceptarse e o máis importante, aceptar tamén os desexos das demais persoas para que se cumpran os propios. Travesía unicornio é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero abrindo as portas a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos.

Arquivado en