TRES DÍAS DE LOITO OFICIAL EN SADA

03 / ENE / 2022

TRES DÍAS DE LOITO OFICIAL EN SADA

O Concello de Sada decretou no día de onte tres días de loito oficial polas vítimas do accidente de tráfico ocorrido en Mota del Cuervo (Cuenca) que acabou coa vida de tres persoas, veciñas da parroquia de Meirás.

O loito oficial, durante o cal as bandeiras do Concello ondearán a media asta, abarca desde onte ate mañá martes. O acordo foi tomado por acordo dos portavoces de todos os grupos políticos do Concello de maneira urxente na mañá de onte despois da chamada do alcalde.

O Alcalde expresou en nome de toda a corporación "a dor e consternación polas vítimas do fatídico accidente de tráfico" e trasladou o seu "respecto, apoio e solidariedade ás familias das vítimas".

O Concello de Sada suspende as actividades festivas do Nadal programadas nos días de hoxe e mañá e apagará as luces de Nadal ata a tarde-noite do mércores.

Arquivado en