Venres día 2 de maio ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal. Idades: 3 a 7 anos.
INSCRICIÓN ABERTA ATA O 29 DE ABRIL
Os ratos de Lonxedetodo levan 32 anos visitando bibliotecas de Galicia. Acaban de publicar en decembro de 2024 o album ilustrado musical "Viaxes e cancións dos Ratos de Lonxedetodo" que o pasado Nadal se situou como o conto máis vendido nalgunhas librarías galegas. Para presentalo, o rato Fuco traenos en directo as cancións do album e como sempre, ademais do propio, os seus contos favoritos.
Actividade organizada pola Biblioteca Municipal dentro do programa Ler Conta Moito a cargo de TrinkeTrinke Teatro.
Ofertaranse 50 plazas que se adxudicaran por rigoroso orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda.
O formulario de inscrición pecharase o martes 29 de abril ás 20:00 hrs.Terán preferencia os socios da biblioteca e os empadronados en Sada.
A confirmación de praza realizarase exclusivamente a través do correo electrónico o mércores 30 de abril.
A cumprimentación do formulario xera unha resposta automática, a cal NON confirma a adxudicación de praza.
Se non pode asistir, avise no teléfono 981619115 coa suficiente antelación para que a súa praza pase a outra persoa.