Xosé Lois Suárez Becerra mantivo reunións con representantes de vilas e cabildos de Canarias, zonas onde houbo emigración galega e sadense, para realizar proxectos en común e tratou cos representantes de Vilas Mariñeiras a posibilidade de voltar a integrarse nesta asociación turística.
Sada 22 de xaneiro 2016
O concelleiro de Turismo , Xosé Lois Suárez Becerra, estivo os pasados días traballando na Feria Internacional de Turismo FITUR, promocionando as diversas facetas turísticas de Sada como roteiros, humedais, riqueza ambiental, náutica e turismo verde.
O concelleiro reuniuse con representantes de vilas de gran potencialidade en turismo náutico de Euskadi, Cantabria e Asturias para promover unha proba náutica polo corredor cantábrico que teña a Sada como unha das metas.
Ademáis mantivo xuntanzas con profesionales de Turismo Verde de vilas pequeñas como Sada onde falaron das posibilidades dos humedais como As Brañas, roteiros como o da Costa Doce, riqueza ambiental e protección do medio.
Suárez Becerra mantivona mañá do venres una xuntanza con concelleiros e persoal da FEMP na búsqueda de posibilidade de hermanamentos, que contan con fondos da Unión Europea, e que facilitarían o intercambio no eido educacional con outras vilas de Europa ou a posibilidade de exposicións e concertos de artistas locais en outras vilas de Europa e viceversa.
Tamén mantivo o concelleiro unha xuntanza con representantes de vilas e cabildos de Canarias, zonas onde houbo emigración galega e sadense, para realizar proxectos en común e con representantes de Vilas Mariñeiras para mirar a posibilidade de voltar a integrarse nesta asociación turística.
En todas as reunións o concelleiro de Turismo estivo a repartir material audiovisual da Feria Modernista,da Cervefeira, das Festas Patronais e do Trail Costa Doce, que se celebrou este domingo, ademáis de diverso material fotográfico e merchandising.