O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programou actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio durante o mes de agosto
Co contacontos “Bruja Chispúm”, que tivo lugar onte nas pistas polideportivas de O Castro (Osedo) e o obradoiro-contacontos “Chocolate” que terá lugar hoxe ás 19:00 nas pistas de Meirás darase fin as actividades que o Concello de Sada ven organizando nas parroquias durante o mes de agosto.
Desde o Concelllo de Sada búscase revitalizar as parroquias levando actividades familiares consistentes en animación ao aire libre evitando aglomeracións. Unha vez rematado o ciclo de actividades. Desde a concellería Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, agradecen a "colaboración das asociacións nas parroquias que mostraron unha gran disposición para realizar este tipo de actividades”.
As actividades que se reelizaron nas parroquias foron de tipo participativas onde os nenos e nenas foron os protagonista xunto coas súas familias. Atopar un gran tesouro convertíndose en piratas , poñer en marcha un feitizo , desfrutar dunha fonte de chocolate , xogar ao twister xigante ou realizar circuitos deportivos foron as actividades das que poderán disfrutaron as familias en Veigue, Mondego, Carnoedo, O Castro (Osedo) e que mañá disfrutarán en Meirás.
“Buscamos levar este tipo de experiencias divertidas en forma de contacontos, fomentando a imaxinación e a creatividade, e onde xogar e divertirse de forma segura ao aire libre sexa o primordial”, incide Mouriño.