Esta competición, con dous apartados, desenvolvese por unha banda na páxina de Facebook da concellaría de Cultura de Sada, onde se eatán a colgar as fotos tomadas polos transeúntes que visitan o porto deportivo e por outro, un xurado premiou os barcos mellor engalanados no Nadal.
Os barcos gañadores desta edición foron a Motora CAYO LONGO de Teresa Bretón Roca e o veleiro NON PROBLEM de Gerardo Lugrís Ríos.
Sada, 4 xaneiro 2017
O Festival de Luces foi ideado a partir dun barco adornado con luces do Nadal que quedou atracado na Marina de Sada en decembro de 2016, achegando alegría a ese lugar. Desde ese momento, e co obxectivo de integrar aos usuarios da Marina, elaborouse unha competición onde se elixiría o barco a vela e a lancha mellor adornada cada Nadal.
Pero o obxectivo da Marina de Sada, “un porto de saídas e chegadas aberto as 24 horas e lugar de encontro de mariñeiros coas súas familias”, é tamén integrar á comunidade a este proxecto e baixo ese obxectivo programaron xunto á concellaría de Cultura de Sada o concurso de fotografía Un Mar de Luces.
Esta competición, con dous apartados, desenvolvese por unha banda na páxina de Facebook da concellaría de Cultura de Sada, onde se eatán a colgar as fotos tomadas polos transeúntes que visitan o porto deportivo e por outro, establecendo un xurado que premiou aos barcos mellor engalanados no Nadal.
Os concursantes poden participar colgando as fotografías dos barcos engalanados no facebook da concellaría de Cultura ata o 7 de xaneiro, posteriormente entre ese día e o 15 de xaneiro os usuarios da rede social poderán emitir o seu voto das mellores fotografías dándolle a “Me gusta” en cada unha delas.
Previamente, no día de onte, unha comisión decidiu por votación o barco mellor adornado. O xurado composto por Aldo Pastore, especialista en motores, representando aos partidarios do proxecto; Fernando Suarez, pescador residente de Sada, representando á comunidade; Ricardo Ermel, navegante, administrador de mariñas, en representación do Porto Deportivo Marina de Sada e unha representante da concellaría de Cultura do Concello de Sada, acordaron designar baixo os requisitos de Enxeñaría, que avaliaba a complexidade do adorno; Efectos visuais, que avaliaba a beleza da obra; Orixinalidade e Destaque das Luces a Distancia, os dous barcos gañadores desta edición do concurso Un Mar de Luces.
Os gañadores desta edición foron a Motora CAYO LONGO de Teresa Bretón Roca e o veleiro NON PROBLEM de Gerardo Lugrís Ríos.