O Concello de Sada inicia a segunda convocatoria de ampliación da bolsa de emprego temporal para contratar a seis socorristas máis que se unirán á dotación actual de sete socorristas e tres sanitarios. As persoas interesadas teñen ata o 20 de xullo para presentar as súas solicitudes.
O Concello de Sada selecciona mediante o sistema de concurso oposición libre a seis socorristas que virán a unirse aos sete socorristas e tres sanitarios de primeiros auxilios que están a prestar servizo nas praias do municipio durante a tempada de verán. Os interesados en solicitar praza dispoñen dun prazo de tres días hábiles contados a partir de hoxe.
A súa incorporación farase efectiva axiña que termine o proceso selectivo sendo a duración da vixencia desta bolsa de tres anos, prorrogables por outros 3 dende a súa aprobación.
O Concello de Sada realizará un reforzo do servizo de socorrismo e salvamento no período do 16 de xullo ata 31 de xullo coa presenza dunha ambulancia medicalizada que estará situada na Praia Nova e que se unirá ao persoal contratado para vixiar os areais urbanos este verán.
O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe as bases da convocatoria da bolsa de emprego con carácter interino para postos de persoal laboral de socorristas á que se poderán presentar candidaturas até o próximo 20 de xullo. Os interesados poden acceder a máis información a través da sede electrónica do Concello de Sada