A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, organiza diversas saídas de aventura para os meses de xullo e agosto onde o único requisito para os participantes e saber nadar.
Ás saídas de aventura do Verán Xove 2017 son o 8 de xullo ao Río Ulla (Padrón) para gozar do Rafting; o 22 de xullo ás Fragas do Eume para practicar Kayak; o 5 de agosto á Santa Baia (Serra de Outes) para facer Barranquismo e o 26 e 27 de agosto a Arriondas (Asturias) ao mítico Descenso do Sella.
As actividades destínanse a maiores de 18 anos excepto o kayak nas Fragas do Eume ao que poderán inscribirse nenos e nenas a partir de 8 anos acompañados dun adulto.
Para todas as actividades deberá facerse unha inscrición previa cubrindo a folla de inscrición que se achega. En total a concellería de Educación, Xuventude e Saúde oferta 50 prazas en cada actividade. No caso de superar as plazas dispoñibles realizarase un sorteo para cada actividade.