Cruz Roja e Concello de Sada organizan a VI Andaina Solidaria Nocturna con saída o venres 9 de maio ás 21:00 horas da praza Irmáns Suárez Picallo.
INSCRICIÓN VI ANDAINA SOLIDARIA NOCTURNA DE SADA
Esta iniciativa permitirá dispor de recursos para poder dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas de Sada, na área de infancia, as persoas maiores e as persoas en situación de exclusión en xeral, en cumprimento ao noso compromiso de estar cada vez máis preto das persoas vulnerables.
Tras un divertido e saudable paseo polos recunchos con máis encanto da nosa contorna, gozaremos dun chocolate quente e un gran sorteo de agasallos. Lembra que o límite de inscrición a través da web é o 9 de maio até as 12:00. A tarde do venres poderás inscribirche na Asemblea de Cruz Vermella. Tamén podes chamar aos teléfonos: 981 623 654 / 670 300 750
Coa túa participación nesta Andaina, ademais de realizar unha actividade comunitaria, saudable e lúdica, estás a facer posible que Cruz Vermella atenda a máis de 400 persoas en situación de vulnerabilidade na contorna do Concello de Sada. Tamén pomos á túa disposición a posibilidade de colaborar con Cruz Vermella en Sada mediante a compra de boletos do Sorteo do Ouro.
PERCORRIDO
O equipo de Cruz Vermella en Sada en colaboración co Concello de Sada organiza esta Andaina como unha actividade inclusiva e accesible para calquera persoa, e por iso deseñamos un percorrido de percorridos de 6.3 km para que poidas participar en solitario, acompañado, en familia ou co teu grupo de amigos ou compañeiros, é unha fantástica oportunidade para gozar da nosa contorna de maneira lúdica, sociable e cun fin solidario
Percorrido: Praza Irmáns Suárez Picallo - Aldea Sadadarriba - Aldea Pazos - Fontán - Porto de Sada - Casa da Cultura Pintor Llorens
SORTEO DE AGASALLOS
Ao finalizar a Andaina realizaremos un sorteo de máis de 30 fantásticos agasallos doados polos nosos colaboradores! Garda o teu dorsal porque poderás gañar entre outras moitas achegas dos nosos colaboradores:
- Cartóns regalo en diferentes establecementos
- - Experiencias gastronómicas
- - Noites de hotel
- - Travesías en veleiro
- - Aventura en autocaravana