O Club Atletismo Sada e o Concello de Sada impulsan a VI edición da carreira benéfica de NADAL. Trátase dun evento solidario para recadar fondos destinados a Cáritas e Cruz Vermella de Sada, entidades ás cales se destinará a recadación íntegra do evento e as doazóns “Dorsal 0”.
Regulamento Carreira Nocturna 2020
Sada 7 decembro 2020
O Club Atletismo Sada e o Concello de Sada impulsan a VI edición da carreira benéfica de NADAL.
Trátase dun evento solidario para recadar fondos destinados a Cáritas e Cruz Vermella Sada, entidades ás cales se destinará a recadación íntegra do evento e as doazóns “Dorsal 0”.
A carreira solidaria celebrarase de maneira virtual entre o 17 e o 21 de decembro (ambos incluídos).
A inscrición farase exclusivamente na web oficial da carreira www.nocturnasada.ccnorte.com desde o 7 ata o 21 de decembro de 2020 (ambos incluídos).
O importe da inscrición é de 5 € por participante, que se poderá realizar a través da plataforma en liña de Championchip Norte habilitada na páxina web da carreira, con pago por TPV.
A dita recadación será destinada a Cruz Vermella Sada e Cáritas Sada. Coa inscrición de 5 € os/as participantes terán dereito a participaren na carreira e poderán descargar o seu dorsal da carreira desde a web oficial e imprimilo directamente.