VI Feira Modernista de Sada

30 / XUN / 2017

VI Feira Modernista de Sada

A pegada deixada polo movemento artístico do Modernismo na nosa cidade, especialmente a través do edificio A Terraza , marcan o camiño da festa de maior personalidade do noso calendario. Mercado, música de cámara, jazz, música vocal, pasacalles, danza, participación popular... e toda a arte que as nosas xentes levan dentro.

A VI Feira Modernista de Sada é unha cita que combina decoración, música, danza e historia, e que en só seis anos converteuse nun clásico do verán nas Mariñas e que, consolidada no panorama coruñés, aspira a situarse no mercado autonómico, e mesmo abrirse ao resto de España.

A titular da concellaría de Cultura de Sada, a socialista María Pardo, presentou o programa que encherá de música e historia o centro urbano, de venres 28 a domingo 30 de xullo, sempre coa emblemática Terraza como referencia.

"Unha programación á altura das circunstancias", indicou Pardo no acto de presentación, ao que estaban convidados todos os representantes das diferentes formacións políticas, tendo en conta que "é algo de todos, do pobo, aquí non hai cores políticas e a corporación traballa unida para impulsar a Feira Modernista porque iso será positivo para o comercio, a hostalaría e, sobre todo, para Sada".

Os asistentes poderán gozar do mercado modernista situado no paseo, de exposicións, masterclass, representacións ambientadas na época, automóbiles e bicicletas clásicos, cinema, xogos, maxia, circo... "e sobre todo música, moita música: de cámara, jazz, vocal ou pasacalles", apostilou a edil de Cultura.

Ademais, celebraranse concertos todas as noites: Os Modernos, venres día 28, ás 22:30 horas; o sábado 29, Aló Django e Revival Stompers a partir das 21.30; e o domingo30 pecharán a mostra Las Lollipops, tamén desde as 21:30. Ademais, o último día poderase gozar dun picnic modernista amenizado por un home-orquestra que, como non podía ser doutra maneira, desenvolverase na área verde próxima á Terraza. 

Caracterización 
María Pardo animou aos sadenses e visitantes "a que se acheguen a vivir a feira e, os que non teñan caracterización, poden pasarse polos negocios locais que xa sacaron os seus complementos de época"

Para asistir aos actos non é necesario caracterizarse, salvo para subir en globo aerostático, pero cada vez son máis os que si o fan, precisamente por ese carácter participativo da Feira Modernista de Sada. 

NA FOTO QUE SE ACHEGA PODESE DESCARGAR TODA A PROGRAMACIÓN DLA FEIRA MODERNISTA 2017

Arquivado en