VII CARREIRA NOCTURNA

30 / NOV / 2022

VII CARREIRA NOCTURNA

O venres 16 de decembro a partir das 19:00 horas celebrarase a VII edición da CARREIRA NOCTURNA DE SADA “Ninguén sen Nadal”. O Concello de Sada e o Club Atletismo Sada organizan unha carreira pedestre polas rúas de Sada, onde o importe íntegro das inscricións dos participantes doarase en favor dunha campaña social para axudar aos máis desfavorecidos no Nadal.

INSCRICIÓNS

 

Lugar e datas de celebración

O 16 de decembro do 2022 a partires das 19:00, nas inmediacións do Parque das Brañas. Ubicación: https://goo.gl/maps/khubdGUUP37Yz6SFA

 

Categorías e distancias a percorrer:

Categorías e distancia aproximada por categorías:

Chupete y prebenxamins: 100 m (recta salida)

Sub10/Benxamins: 1 volta (300 m)

Sub12/Alevins: 2 voltas (600 m)

Sub14/Infantis: 3 voltas (900 m)

Sub16/Cadetes: 3 voltas (900 m)

Carreira Adaptada: 2 voltas (600 m)

Sub18/Xuvenil-xunior, senior, Master/veteranos A, B, y C Handbike: 5 km

 

Horarios

A partires das 18:45 quentamento de tódalas categorías.

19:00.- Prebiberons. Con cadencia de 5 minutos as dúas seguintes categorías.

19:15.- Sub10 Con cadencia de 10 minutos ata Sub12 e 15 minutos dende Sub14 ataSub16.

20:30.- Carreira Inclusiva

21:10 Sub18, Senior, Master e Handbike*. *A saída de HANDBIKE será 2 minutos antes da saída do resto de corredores.

 

Premiacións:

Habera medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría. Tras a conclusión das carreiras dos nenos farase entrega das medallas de ditas categorías. E terminada a de adultos, farese entrega das medallas destes e das de Handbike.

Entregarase Medalla conmemorativa a tódolos participantes:

Chupete 2021/2020/2019/2018

Prebenxamines 2017/2016

A efectos de premios existirán 11 categorías:

SUB 10/Benxamíns 2015/2014

SUB 12/Alevín 2013/2012

SUB 14/Infantís 2011/2010

SUB 16/Cadetes 2009/2008

SUB 18/xuvenil e sub20/junior 2007/2004

SENIOR desde 2003 ata 34 años

Master A 35 – 45 años

Master B 46 – 55 años

Master C 56 años en adiante Handbike 2005 a Master

 

Equipos:

Os equipos deben estar compostos por 4 participantes entre os cales debe haber un mínimo de un home e una muller. Os interesados deberán enviar a composición do equipo ao correo direcciontecnicacas@gmail.com

 

Inscricións:

As inscricións de tódalas carreiras efectuarase a través da pasarela de inscrición

A inscripción ten un coste de 5€ para os adultos que corran na carreira de 5km (incluido as HANDBIKE), 3€ Carreira inclusiva (poden participar cadeiras de rodas con axuda doutro participantes) e 2€ os menos do resto de categorías.

No caso que algún adulto e/ou neno queira participar na carreira inclusiva, poderáinscribirse nas dúas. A maiores, coa fin de axudar coas doazóns na campaña “Ninguén sen Nadal”, haberá posibilidade efectuar doazóns úncias ou por riba da inscrición, seguindo as instrucións da VI Carreira Nocturna de Sada 17/12/2021 “Ninguén sen Nadal” pasarela de inscrición.

Os ingresos de inscricións, e tódalas doazóns efectuadas polos participantes doaranse en favor dunha campaña social enfocada a que “Ninguén se quede sen Nadal”.

Arquivado en