Unha vez pechado o prazo de inscripción para o VII Outono de Tapas a concellería de promoción Económica Turismo e Emprego recibiu un total de 22 solicitudes de locais de hostalería do municipio que concursarán nesta edición que terá lugar do 8 ao 10 de novembro.
Finalizado o prazo de inscripción son máis de 20 os establecementos da hostelería e restauración sadense os participantes no VII Outono de Tapas, un evento organizado pola Concellería de Promoción Económica en colaboración cos participantes co obxetivo de promocionar e potenciar a economía local e o turismo no municipio a través de producto autóctono de temporada.
Entre o venres 8 e o domingo 10 de novemebro o público poderá participar no concurso e desfrutar as propostas culinarias en locais como o bar A Lagoa, A Nosa Viña, a Xeitosiña, Café Bar Antoxos, Albayzim, Casa Pueblo, Cobh, Covad´anca, Decanta-t, El Canalla, El Chiringuito, Faísca a Marola, Jamonería Edu´s, Nordeste, Mesón Riobao, Muelle 33, Ría de Sada, Taberna A Perla, Va Bene, Vinoteca Go-Go, Vivamus ou Zumolandía.