09 / MAR / 2020
A concellería de Cultura organiza unha visita cultural a Ribadeo-Mondoñedo o sábado 28 de marzo.
Folla de inscrición para entregar na OMIX
O Concello de Sada organiza esta visita con paradas na Praia das Catedrais, ruta guiada polo Ribadeo Indiano e visita libre a Mondoñedo.
A organización ten reservado restaurante no que as persoas apuntadas á visita cultural deberán pagar o menú. Prezo menú 15€.
O horario de saída dos autobuses é o seguinte:
Carnoedo 8:30 diante Escola Infantil - Veigue 8:25 diante casa Dios - Mondego 8:35 diante Casa do Pobo - Sada 8:40 diante Hotel Alda
Inscricións ata o 20 marzo. En caso de superar as prazas dispoñibles farase un sorteo público o23 de marzo na OMIX.
Publicación de listado de admitidos o 24 de marzo na OMIX.