Visita cultural a Ribadavia e Ourense. Sábado 24 de Marzo de 2018

28 / FEB / 2018

Visita cultural a Ribadavia e Ourense. Sábado 24 de Marzo de 2018

A Concellería de Cultura e Praias do Concello de Sada presenta unha nova proposta de visita cultural coa que nos achegaremos a coñecer terras ourensanas. A actividade segue a liña de organización das anteriores visitas, que nos levaron a visitar Combarro, Cambados, Pontevedra, O Cebreiro, Triacastela e Lugo. 
Ao igual que nas anteriores visitas, a proposta vai dirixida para persoas empadroadas no Concello de Sada.
 
Visitaremos a que foi capital do Reino de Galicia no século XI, Ribadavia. Percorreremos o séu emblemático barrio xudeo, descubrindo multuitude de curiosidades e adentrarémonos na historia do Castelo Dos Condes de Ribadavia, o Museo Etnolóxico e o Centro de Información Xudea de Galicia. Na Praza Maior da vila estaremos convidados a unha cata de viño "Divino Rei", gañador da Cata de Galicia. Disfrutaremos dun bo xantar no restaurante A Quinza, galardonado cun "Tenedor de Oro" e ao chegar a tarde visitaremos a cidade termal de Ourense.
 
A saída está prevista ás 9:00 h e a chegada ás 21:00 h, poden estar suxetas a cambios.


INSCRICIÓNS:
As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 26 de febreiro e o día 9 de marzo.
Poderá relizarse presencialmente nos edificios seguintes:
  • Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Sada.
  • Centros cívicos de Carnoedo, Veigue, Meirás, Mondego e O Castro en Osedo.

Ademais, a inscrición poderá realizarse a través de correo electrónico, descargando o formulario desde a web municipal e remitíndoo cuberto a sada.cul@sada.gal.

 

PRAZAS:
Para esta visita ofertamos un total de 200 prazas.
En caso de que se reciba un número de inscricións maior procederase do seguinte xeito:
1. Darase prioridade ás persoas que teñan quedado en listaxe de agarda na visita anterior.
2. As restantes solicitudes entrarán nun sorteo en igualdade de oportunidades, independentemente da orde en que fosen presentadas as inscricións. O sorteo terá lugar na OMIX de Sada, en data que será notificada ás persoas interesadas.
3. A partir do día 16 de marzo darase a coñecer a listaxe de prazas e de agarda.

Arquivado en