O Concello de Sada organiza unha visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia o domingo 24 de febreiro "Domingo Corredoiro", primeiro día do Entroido no que saen as Pantallas.
Listaxe de persoas admitidas e lista agarda da excursión a Xinzo de Limia
O Concello de Sada organiza desde a OMIX unha visita cultura ao Entroido de Xinzo de Limia o domingo 24 de febreiro, primeiro día do Entroido no que saen as Pantallas, destinada a persoas empadroadas no municipio.
A hora prevista da saída é ás 8:25 desde Carnoedo (Escola Carnoedo), ás 8:30 desde Veigue (Casa Dios), ás 8.35 Mondego (Casa Pobo) e a partir das 8:40 desde Sada (Explanada diante do Hotel) onde se realizará control sobre as persoas anotadas para sair cara a Xinzo de Limia ás 9:00 horas. O regreso terá lugar ás 21:00 horas.
O Concello de Sada faise cargo da organización da visita, transporte e seguros. O xantar non está incluido. Reservado menú en Restaurante en ruta. Prezo menú: 15€ persoa adulta e 8€ menú infantil (ata os 14 anos).
En caso de superar as 200 prazas dispoñibles realizarase un sorteo público o 15 de febreiro na OMIX.
O listado de admitidos farase público na OMIX a partir do 18 de febreiro.
As persoas interesadas poden descargarse a folla de inscripción para entregar na OMIX (Praza da Pescaderia s/n) ata o xoves 14 de febreiro. Horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
Tamén poden apuntarse nos centros parroquiais ou cumprimentando o seguinte formulario
Poderán inscribirse ata 6 persoas nunha mesma folla. As datas de nacemento e os DNI deberán figurar por orde correlativa.