VISITA GUIADA Á TELVA

22 / ABR / 2024

VISITA GUIADA Á TELVA

Desde Coawa, impulsada pola Cátedra Emalcsa-UDC, ponse a disposición da cidadanía unha visita guiada na planta potabilizadora de A Telva e a contorna do Río Mero (Sigras, Cambre) o martes 7 de maio.

FORMULARIO INSCRICIÓN PARA A VISITA GUIADA Á TELVA

 

Que imos coñecer nas visitas guiadas da ETAP A Telva?

As persoas visitantes poderán coñecer de primeira man o proceso de potabilización da auga, desde a captación no propio río. Grazas a este proceso chega o suministro para o consumo en toda a cidade da Coruña e na área metropolitana. 

Ademais, poderemos ver que tipo de flora e fauna habita na lámina de auga do Río Mero, o cal é esencial para tomar conciencia da importancia de coidar o noso medio natural para poder seguir mantendo a calidade da auga.

A visita é gratuita e inclúe o transporte de ida e volta en bus dende Sada. 

Saída: 11.20 - Regreso: 14.00h

O límite de prazas é de 20 persoas. 

Confirmarase por correo electrónico a praza no grupo da visita o día 3 de maio. 

Importante: polas características do espazo no que se desenvolve a visita non se garantiza que poidan levalo a cabo persoas con movilidade reducida e usuarios/as de cadeiras de rodas. 

Arquivado en