WhatsApp Concello

Información do Concello de Sada vía Whatsapp


Se vostede está interesado en recibir os avisos e a información municipal por vía “whatsapp” deberá gardar o seguinte teléfono na súa axenda de contactos: 629 587 968, e abrir conversa do Whatsapp enviar “Ola” 

Tamén pode escanear o código QR e na conversa enviar "Ola"

Logo dun tempo onde estivemos a mellorar o servizo de comunicación de WhatsApp hoxe poñemos en marcha esta nova canle birdireccional onde ademáis de recibir información puntual do Concello de Sada poderás navegar polo noso espazo a través de marcación numérica. 

Desde agora cunha simple mensaxe de WhatsApp, o Concello de Sada está ao alcance dos seus veciños e veciñas. O Concello de Sada pon en marcha unha plataforma de comunicación e atención cidadá a través de WhatsApp que permite realizar diversas xestións municipais como comunicar queixas e incidencias, facer consultas ou suxestións, falar co alcalde, acceder á sede electrónica, solicitar cita previa ou recibir avisos e comunicacións importantes, entre outras.

Con este sistema, o Concello pretende manter unha comunicación máis próxima, sinxela e efectiva coa cidadanía, fomentar a participación e alcanzar un nivel máis óptimo na resolución de incidencias e información a través WhatsApp, a plataforma de “comunicación persoal número un de España que conta con máis de 27 millóns de usuarios activos e é consultada unha media de 6 veces ao día.

Para o usuario ten numerosas vantaxes. Non require ningunha instalación nin actualización, non consome recursos do teléfono (nin procesador nin memoria) e, a diferenza doutras apps que son facilmente desinstaladas, o Concello será un contacto que permanecerá indefinidamente. 

Ao mesmo tempo, aproveitando a bidireccionalidade que proporciona WhatsApp, desde o Concello enviaranse comunicados, alertas, noticias, axenda e información de interese.

Como funciona?

Comezar a utilizar esta canle é tan sinxelo como agregar o teléfono 629 587 968  a axenda de contactos, abrir unha conversación e escribir “Ola”. A partir dese momento, o asistente virtual atenderá automaticamente a mensaxe, e só será necesario seguir as súas indicacións.

Primeiro deberase indicar que se aproba o protocolo de protección de datos e indicar se quere recibir información coma veciñ@, empresa ou como ambas. Despois, de forma numérica, despregarase o menú principal con todas as opcións dispoñibles: Fío directo co alcalde , Información municipal, Aviso de incidencias, etc.

Lembra, garda o número 629 587 968 e escribe na conversa "Ola"

 

Protección de datos


De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos, infórmase á persoa interesada, quen presta o seu consentimento, que o Concello de Sada, en calidade de Responsable do tratamento, con NIF P1507600C e domicilio na Avda. Da Mariña, 25, 15160 Sada, tratará o seu número de teléfono, coa finalidade de incluílo nunha lista de difusión de noticias de interese para a cidadanía .A base de lexitimación para o tratamento dos seus datos é o seu consentimento expreso, podéndoo revogar en calquera momento sen prexuízo da  solicitude dos tratamentos realizados ata ese momento. WhatsApp pode transferir datos dentro da familia de empresas de Facebook e a terceiros, incluidos os proveedores de servizos e outros socios.Os seus datos serán conservados ata que  revogue o seu consentimento. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad así como a limitación do seu tratamento dirixindo un escrito ao Responsable, á dirección arriba indicada ou ben no correo electrónico dpd@sada.gal ,acreditando a súa identidade.