Onte á tarde un xurado composto por Tatiana Oller (Chef), Sonia Molero (Sumiller) e Diego López (Técnico da Reserva da Biosfera), acordaron conceder o premio de mellor tapa de Xiba de este ano á realizada por A Nosa Viña co nome de "Xiba Rebozada".
Segundo o xurado "primeiramente, gustaríanos destacar a alta calidade das tapas ofrecidas polos locais participantes e o gran esforzo realizado para colaborar no éxito desta edición da Festa da Xiba, sendo un placer compartilo con todos vós".
E entrando na súa decisión de premiar á tapa de A Nosa Viña sinalaron que "trátase de xiba con queixo de San Simón envolta nunha folla de repolo e rebozado en Panko, sobre leito de fideo fritido chinés e ali oli. Destacamos a importancia de escoller produtos típicos da gastronomía galega como o repolo e o queixo San Simón e combinalos dun xeito orixinal, cun proceso de elaboración difícil e laborioso que obtén como resultado un produto vistoso cunha perfecta combinación de texturas e sabores que realzan os sabores do produto principal: a Xiba".
Por todo iso deron a noraboa "aos responsables de A Nosa Viña ademáis dos 32 participantes polo seu traballo, o seu apoio a iniciativa, as facilidades que nos deron para realizar o noso traballo e o altísimo nivel do produto catado".
PREMIO DO PÚBLICO
A concellería de Turismo informaba ademáis que logo do reconto de 3670 votos, emitidos polos clientes dos 33 locais participantes na VII edición da Festa da Xiba, a tapa gañadora do voto popular foi "A Trampa da Xiba" elaborada por Cova d'anca cun total de 289 puntos.
Desde a concellería de Turismo felicitaban aos s locais gañadores e a todos os locais participantes nesta edición da Festa da Xiba. O concelleiro Liss Becerra daba os "parabéns ao Cova D´Anca e tamén ao local A Nosa Viña polo seu esforzo e agradecía a tod@s os clientes que disfrutasen da festa e degustasen as tapas do certame."