Xornada Museo Carlos Maside

21 / SEP / 2021

Xornada Museo Carlos Maside

O Concello de Sada e o Consello Galego da Cultura organizan unhas xornadas para falar e reflexionar sobre a importancia do Museo Carlos Maside de arte contemporánea. As xornadas xirarán en torno á memoria histórica que atesoura o museo e sobre a visión que a comunidade sadense ten acerca da importancia desta entidade.

Folleto informativo coas sesións programadas

Participa construíndo futuro para o Maside cubrindo o seguinte formulario e inscríbite nas xornadas:

Xornada de santiago: xornadasmuseocarlosmaside@gmail.com

Xornada de Sada: cultura@sada.gal

O Museo Carlos Maside (1970) é un dos proxectos creados ao abeiro do Laboratorio de Formas de Galicia, impulsado por Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e un grupo de intelectuais desde o exilio republicano en Buenos Aires. A fundación doMCM supuxo a recuperación da arte galega da vangarda e a vontade por superar as fracturas do pasado recente dende a restitución da memoria histórica.

O seu valor patrimonial, conformado, na súa orixe, polas doazóns dos fundadores, incrementouse cos legados de diversos exiliados, tamén de persoas e entidades interesadas no movemento renovador da arte galega a partir do seu primeiro referente, A. R. Castelao. Os contidos e a museografía do MCM foron variando minimamente dende o traslado da colección permanente, en 1982, ao edificio actual de Andrés Fernández-Albalat en O Castro, Sada.

Nel proponse un percorrido preciso, coas pezas de Castelao e do Movemento Renovador na planta baixa, autores e movementos dende a Guerra Civil ata a actualidade na planta intermedia, e unha última sala na planta alta dedicada ao debuxo humorístico e a banda deseñada. O propio Díaz Pardo supervisou a última instalación da colección, organizando as salas, a museografía, e historiando o relato da nosa arte nas cartelas e textos que aínda permanecen no espazo.

O actual estado do patrimonio material e inmaterial do MCM reclama da sociedade civil, das administracións públicas, do eido da cultura e da comunidade académica un traballo de coidado e crítica que axude decisivamente a protexelo.Estas xornadas abordan o baleiro legal, intereses, desintereses e outros aspectos que complican a protección e conservación do importante patrimonio que custodia.

Dirección:

Germán Labrador Méndez (Princeton University)

Miguel Anxo Rodríguez (USC)

Agar Ledo Arias (Comisión de Xestión e Políticas Culturais do CCG)

Fran Quiroga (Concomitentes/USC)

Dolores Vilavedra (secretaria do CCG/USC)

Organiza:

 Universidade de Santiago de Compostela

Concello de Sada

Consello da Cultura Galega

Colabora:

Deputación da Coruña

HAAYDU Grupo de Investigación Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo da USC (Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG. Grupos con potencial de crecemento ED431B 2020/41)

HISTAGRA Grupo de investigación Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC (Axudas á Consolidación e estruturación 2018, GRC GI-1371)

TLLC Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada da USC (Plan Galego ED431C 2021/34)

Lugar:

 Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º Andar 15705 Santiago de Compostela

Centro de Estudios Avanzados - USC Parque de Vista Alegre Rúa Salvadas s/n 15705 Santiago de Compostela

Casa da Cultura "Pintor Llorens" Avenida do Porto 15160 Sada

Arquivado en