Xornada práctica de divulgación da Sede Electrónica en Sada

10 / OUT / 2019

Xornada práctica de divulgación da Sede Electrónica en Sada

A concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade programa xunto coa Deputación da Coruña unha xornada de difusión sobre a Sede Electrónica do Concello de Sada.

Inscrición en liña

A xornada terá lugar na Aula Cemit do Concello de Sada o mércores 23 outubro de 11.00 a 13.00 horas. As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición (confirmándose por correo electrónico ou chamada telefónica). 

CONTIDOS:

  • Concello Dixital (Deputación da Coruña)
  • Identidade Dixital
  • Páxina web e Sede Electrónica do Concello de Sada
  • Trámites administrativos online
  • Marco normativo da administración dixital 

 

Arquivado en