XORNADAS DE CONCILIACIÓN

23 / XUL / 2020

XORNADAS DE CONCILIACIÓN

-O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta as Xornadas Extraordinarias de Conciliación Familiar para nenas e nenos empadroados cuxo proxenitor/a (no caso de familia monoparenatal) ou proxenitores se atopen na circunstancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores.

Formulario online de inscrición

Bases de participación Xornadas extraordinarias de conciliación familiar motivadas pola crise sanitaria COVID19

Listaxe de solicitantes admitidos7º semana Xornadas Extraordinarias de Conciliación do 27 ao 31 de xullo

Listaxe de solicitantes admitidos/as 5º SEMANA XORNADAS EXTRAORDINARIAS DE CONCILIACIÓN do 13 ao 17 xullo

Listaxe de solicitantes admitidos/as 4ª SEMANA XORNADAS EXTRAORDINARIAS DE CONCILIACIÓN DO 6 ao 10 DE XULLO

Listaxe de solicitantes admitidos/as - 3ª SEMANA XORNADAS CONCILIACIÓN DO 29 DE XUÑO AO 3 DE XULLO

Listaxe de prazas adxudicadas nas Xornadas de Conciliación - 2º QUENDA DO 22 AO 26 DE XUÑO (EXCEPTO 24)

Listaxe de prazas adxudicadas nas Xornadas de Conciliación - 1º QUENDA DO 15 AO 19 DE XUÑO

A inscrición para a segunda quenda (do 22 ao 26 de xuño) estará habilitada do luns 15 ao mércores 17 de xuño

Este servizo gratuito, que se levará a cabo no colexio Pedro Barrié de la Maza de Mondego entre o 15 de xuño e o 31 de xullo de 2020, estará coordinado por un equipo de monitorado profesional, en espazos adaptados ás medidas de seguridade sanitaria motivadas pola COVID 19 establecidas polo Ministerio de Sanidade e polas autoridades competentes.

Neste sentido cumpriranse coas condicións para a realización de actividades de tempo libre, intentando restrinxir as interaccions aos compoñentes de cada un dos grupos e realizando as actividades no exterior sempre que sexa posible, que se irán modificando segundo marquen as medidas da desescalada, sempre cumprindo cos hábitos de hixiene e distancia. 

As Xornadas disporánse en sete quendas semanais consecutivas, para axustarse mellor ás necesidades das familias que traballen por quendas establecéndose un protocolo de entradas e saídas dependendo da cantidade de usuarios.

A inscrición realizarase mediante formulario online que estará habilitado no período de luns a mércores para as quendas das semanas seguintes.

Arquivado en