Xornadas Escolares de Patinaxe de Velocidade

14 / MAR / 2016

Xornadas Escolares de Patinaxe de Velocidade

NORMATIVA XORNADA ESCOLAR DE PATINAXE

Participantes: Rapaces de ámbolos sexos menores de 11 anos.

Data: 2 de Abril de 2016 ás 16.00 horas (Pavillón Municipal)

Folla inscripción

Categorías:

Minis: nados/as: 2010 e posteriores

Pre-Benxamins: nados/as 2008/2009

Benxamíns: nados/as 2007 e anteriores

Non se permitirá a participación de patinadores que tiveran licenza federativa en anos anteriores.

Non está permitida a participación en categoría superior a que corresponda por ano de nacemento.

Grupos:

Escola Municipal de Patinaxe

Extraescolares Colexio Pedro Barrié de la Maza

Extraescolares Colexio El Mosteirón

Independentes

Inscricións:

A inscrición realizarase enviando a folla de inscrición mediante correo electrónico a sadapatin@sadapatin.com, ou entregándoa persoalmente aos monitores das escolas.

O custo da inscrición e entrada para acompañantes (ambos voluntarios) consiste na entrega de alimentos non perecedoiros, que os organizadores doarán a entidades de carácter benéfico.

Para poder asignar os dorsais e evitar improvisacións de última hora, as inscricións deberán ser enviadas ao Club Sada Patín antes do día 28 de Marzo.

O feito da inscrición supón o coñecemento e aceptación de todas e cada una das bases da presente convocatoria.

O club organizador declina toda responsabilidade no caso de accidentes sufridos polos participantes fora das probas deportivas.

E obrigatorio o uso de casco protector, e recomendable o uso de proteccións. Os patinadores deberán presentarse media hora antes do inicio, e deben portar ao menos catro imperdibles (necesarios para suxeitar o dorsal). Os acompañantes deberán permanecer obrigatoriamente na gradaría. Permitirase a entrada na pista unicamente para axudar aos nenos a colocarse o material. En casos excepcionais permitirase a estancia dun acompañante na pista, sempre con permiso do monitor e autorización da organización.

A entrega de dorsais e documentación aos clubs/corredores participantes terá lugar ás 15:30h.

Distancias por Categorías e Modalidades:

MINI

2 vueltas y 4 vueltas

PRE-BENJAMÍN

2 vueltas y 6 vueltas

BENJAMÍN

2 vueltas y 6 vueltas

A orde e as distancias das probas poderán ser variados pola organización en función do número de inscritos.

Dentro do obxectivo xeral de contribuír á modalidade de patinaxe de velocidade, con deportistas en idade escolar e a lograr potenciais patinadores para a súa posible inclusión na competición federada, as probas organizaranse intentando a máxima participación e o estímulo necesario para compensar as habituais diferenzas entre os que dominan pouco a modalidade, que solen abandoar ao pouco de comezar, e os que xa teñen un certo nivel. En función dos inscritos en cada una das categorías aplicaranse as seguintes regras:

1º.-As series e finais constarán de 5 participantes máis-menos 2 (porán ser 7).

2º.-As series clasificatorias NON faranse por niveis, repartiranse polos xuíces de forma equitativa en todas as competicións.

3º.-Ninguén subirá nin baixará de nivel en ningunha clasificación.

4º.-Haberá unha Final A cos patinadores clasificados que determinará os postos do 1º ao 5º, e unha Final B cos patinadores que participaron nas series e que determinará os postos do 6º ao 10º, e se o número de patinadores o fixese necesario incluso unha Final C cos patinadores que non se clasificaron para semifinais e que determinará o posto do 10º en adiante.

Regramento de Competición:

Será de aplicación a regramentación da Federación Española de Patinaxe.

Arbitraxes:

Para cada proba serán designados, 1 xuíz principal e 2 xuíces auxiliares

Clasificacións:

As puntuacións que se otorgarán en cada proba nesta fase serán:

Primeiro clasificado cero puntos

Segundo clasificado 1 punto

Terceiro clasificado 2 puntos

Cuarto clasificado 3 puntos e así sucesivamente

Se clasificarán primeiro os que teñan menor número de puntos.

Premios:

Entregaranse premios a todos os participantes.

 

Arquivado en