Xuntanza de Corais 24

02 / NOV / 2024

Xuntanza de Corais 24

A concellería de Cultura programa o sábado 2 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura "Pintor Llorens" a Xuntanza de Corais 2024 coa participación do Coro Galego Santa Comba de Veigue, a Coral de Santa María de Cambre e a Coral Souto da Igrexa de Meirás. Organiza a Asociación Cultural Souto da Igrexa

ENTRADA LIBRE ATÉ COMPLETAR AFORO

 

Coro Galego Santa Comba de Veigue (Sada)

O Coro Galego Santa Comba de Veigue fundóuse o día 13 de Decembro de 1996, no seo da Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva "A Gavoteira" de Veigue, pra promocionar e divulgar toda a música tradicional galega dada a inquedanza de parte dos veciños por recuperar esta faceta esquecida na parroquia, sendo a sua presidenta Elsa María Regueira Babio ata o ano 2016.

No seu comezo o Coro conta con 20 membros, veciños e amigos da parroquia de Veigue, na actualidade este número de coralistas ascende a 35 voces mixtas, de Veigue e os seus contornos.

O seu repertorio componse maioritariamente por composicións do folclore galego, Alalás, Maneos, Foliadas, Muiñeiras, acompañadas con gaitas e percusión tradicional, así como Polifonía, Habaneiras, Panxoliñas, Música Sacra, etc.

As actuacións máis relevantes nestes anos celebráronse en localidades como Sada, Sobrado dos Monxes Iñás, Abegondo, Oleiros, Mera, Dexo, Perillo, Ribadeo, Lugo, A Coruña, Dorneda, Vigo, Rabade (Lugo), e na propia parroquia de Veigue, asimesmo parte dos compoñentes do grupo participaron na Expo de Zaragoza no ano 2008, acompañando ó grupo Os Gaiteiriños da Coruña. Dende o ano 2013, organiza dous Festivais "Camiño ó Verán" e "Camiño ó Inverno", coa intención de revitalizar, dinamizar, impulsar e poñer en valor duas épocas do ano na que a actividade cultural-musical e máis reducida, pretendendo con elo, e perdurando no tempo, que sexa un referente de auténtica calidade deste Concello pra toda Galicia. Tamén dende o ano 2017 outórgase anualmente o galardón "A Gavoteira", a entidades, institucións ou persoeiros que destacasen en prol da cultura principalmente, ou fixera un acto relevante pra o pobo digno desta mención.

O seu Director é dende a súa fundación Antón Fernández Riveiro, e que dende o ano 2016, ostenta tamén a Presidencia da Entidade.

Programa

  • - Foliada de Baiona
  • - Maneo de Ponteceso
  • - Foliada d'Anllóns
  • - Maneo de Loureiro
  • - Foliada de Pontevedra

 

 Coral Polifónica Santa María de Cambre

A Coral Polifónica Santa María de Cambre nace en marzo de 1998 por iniciativa da Asociación da Terceira Idade de Cambre, realizando o seu primeiro concerto no Nadal dese mesmo ano. En decembro de 1999, constitúese como unha Asociación independente.No transcurso destes anos realizou moitos e éxitosos Concertos en colaboración con Asociacións, Centros Culturais, Entidades Privadas, Concellos, etc. Aínda que a sua actividade desenvólvese na Comunidade Autónoma de Galicia, Principado de Asturias, Comunidad de León; no mes de Abril do 2009 realiza sua primeira participación Internacional en Portugal. Colabora desinteresadamente coas Asociacións sen ánimo de lucro que o solicitan.

Promove e leva acabo coa colaboración do Concello de Cambre a creación do Certame de "Polifonía e Habaneras", indo xa pola XXIII edición.Dende o ano 2010, tamén organiza un encontro de Corais baixo o título "Festival de Primavera". Cabe subliñar tamén que, con motivo do seu XIV Aniversario, presentou un "Espectáculo de Zarzuela" que foi moi ben acollido polo público.Foi unha das corais galegas convidadas a participar na representación do Mesías de Handel coa Orquesta Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera da Coruña e no Auditorio Mar de Vigo.Está integrada na Rede Cultural da Diputación da Coruña e na Federación Galega de Corais (FECOGA).No seu XXV Aniversario estrea un espectáculo con "Música dos anos 60, 70 e 80", con gran éxito.

Director: Santiago Lago  Rey 

Programa:

  • Peixe fresco - J. Travieso Quelle
  • Cada noite - Letra: Rosalía de Castro, Arr.: Julio Domínguez
  • Celebra la vida - Axel; Arr.: Santiago Lago Rey
  • Color esperanza - Cachorro López, Coti Sorokin, Diego Torres; Arr.: Santiago Lago Rey
  • Ojos de España - BERT KAEMPFERT, Arm.: A. Franco

 

Coral Souto da Igrexa de Meirás (Sada)

Coral Souto da Igrexa, fúndase o día 1 de xaneiro de 2024 pola decisión unánime de todos os seus compoñentes de desligarse da AAVV, despois de pasar 28 anos percorrendo case toda Galicia e parte de Asturias, co nome de Coral Polifónica San Martín. Desde a súa creación organizou o festival de primavera, participou en concertos en Lugones (Asturias), Santiago e Sada convidados polo "Coro Galego de Veigue", as festas de Sada e de Meirás e no Burgo convidados pola coral "Santa María de Cambre". Consta de 30 voces mixtas e posúe un amplo repertorio de música sacra, panxoliñas, habaneras, popular galega, asturiana, madrigales e pezas folclóricas de países sudamericanos.

Director: Manuel Deus Lareo

Programa

  • XA NON SEI CANTAR - S. Pérez Bernal
  • ZORONGO - Popular andaluza
  • CORTAME UNA ROSA BLANCA - Pedro García Cabrera/Dante Andreo
  • EN MI VIEJO SAN JUAN - Noel Estrada
  • EL ÚLTIMO CAFÉ - H. Stamponi/C. Castillo/E. Dublanc

Arquivado en