-A concellería de Cultura organiza mañá martes 25 de febreiro esta festa gastronómica onde se servirán 6.000 filloas, elaboradas pola filloeira de Lestedo, ao prezo de 1 euros a ración de catro filloas
- Na mañá do martes 25 de febreiro, festivo local, terá lugar o desfile de disfraces e comparsas polo Paseo Marítimo para rematar na carpa onde se realizará o concurso de disfraces que repartirá vales por valor de 4.650€ en premios cambiables pola compra de calquera produto ou servizo ofrecido polo conxunto de empresas con sede no termo municipal sadense.
Sada, 24 febreiro 2020.
Na tarde do martes 25 terá lugar a XXXV edición da Festa da Filloa que prevé repartir 500 ducias de filloas entre quen se achege ata carpa da praza Irmáns Suárez Picallo no Paseo Marítimo de Sada.
A organización repartirá racións de catro filloas ao prezo de 1€ e a festa contará con animación musical a cargo de agrupacións locais de música tradicional e de charangas.
Nesta ocasión se contará coa popular “Filloeira de Lestedo”, unha máquina atendida por varias persoas que permite elaborar 1200 filloas por hora e, desta maneira, ofrecer filloas feitas ao momento da man da filloeira de Lestedo.
Desfile e concurso de disfraces e carrozas pola mañá.
Na mañá do martes 25 de febreiro, festivo local, terá lugar o desfile de disfraces e comparsas polo Paseo Marítimo para rematar na carpa onde se realizará o concurso de disfraces que repartirá vales por valor de 4.650€ en premios cambiables pola compra de calquera produto ou servizo ofrecido polo conxunto de empresas con sede no termo municipal sadense.
Participarán en tres categorías: MINI, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas. No caso da inscrición en categoría MINI, e só para esta categoría, as persoas que queiran participar poderán facelo no mesmo momento no que vaia comezar o concurso.